Inicio   Enlaces   Contactar   Mapa web  
Usuario:  Clave: 
  AED
  Asesoramento
  Formación
  Convenios
  Prensa
     
 
Benvidos a AEDEZA

A AED é un colectivo relativamente xoven, pois aínda non chegamos nin sequera, á idade da adolescencia. Acabamos de cumprir 15 anos de existencia e aínda sendo tan novos, estámonos consolidando como un dos colectivos con maior proxección social na zona.
Nacemos co propósito de defender os intereses do empresariado desta próspera Comarca de Deza e continuamos con este labor, ó que lle hai que engadir unha importante función no eido da intermediación no mercado laboral, representación institucional, actuacións de carácter social, etc.
A AED, está composta por preto de 500 socios dos seis concellos da Comarca (empresas dos diferentes sectores productivos) que dan emprego a máis de 6.500 traballadores. Estas empresas, están representadas por unha Xunta Directiva que, neste intre, me honro en presidir.
Contamos tamén cun grupo de técnicos e profesionais, que prestan ós asociados servizos de información especializada en todos os ámbitos relacionados coa empresa, así como, unha ampla gama de Servizos Públicos en colaboración coa Xunta de Galicia.

Convidámol@ a que nos coñeza a través desta páxina e animamol@ a participar activamente da mesma.
     
 
  Ver Organigrama da Directiva