Servizo
gratuíto de asesoramento integral prestado en virtude
dun Programa de Cooperación entre a Consellería de
Traballo (Xunta de Galicia) e a AED.
Ten por obxectivo o de potenciar e apoiar ó
espírito emprendedor e contribuír, en definitiva,
á creación de emprego estable na Comarca.
Aberto ó público en xeral, vai dirixido, de modo
especial ós emprendedores (todas aquelas
persoas cun proxecto ou idea de negocio).
Áreas de asesoramento:
- Programas de axudas e subvencións para
a constitución dunha empresa e a creación de emprego.
- Incentivos polo exercicio dunha determinada
actividade económica, profesional, artística, de
interese social ou colectivo.
- Asesoramento técnico: elección
da forma de empresa, trámites precisos á hora de
inicia-la actividade, contratación laboral, cotizacións
á Seguridade Social, tributación, obrigas formais,
etc..
- Asesoramento económico, financeiro e/ou comercial: elaboración
do plan de empresa, determinación da “viabilidade”
do proxecto.
- Consultas varias: programas de cooperación,
medidas activas para o fomento do emprego, cursos e actividades
promovidos ou non pola Consellería, información
de ámbito local, rexional, nacional ou
europeo, normativas,
lexislación, publicacións e documentacións
varia.

|