Inicio   Enlaces   Contactar   Mapa web  
Usuario:  Clave: 
  Axudas e Subvencións
  Novas
  Tablón de anuncios
  Libro de visitas
  O. de Tramitación Única
  Videoconferencia
  Internet
Introduce unha palabra relacionada coa axuda ou subvención que desexes consultar.
Axuda ou Subvención:
 
Fonte:   Diario Oficial de Galicia. Data:  4-01-2012
AGRICULTURA: AXUDAS PARA O DESENVOLVEMENTO DE ACCIÓNS FORMATIVAS E DE TRANSFERENCIA TECNOLÓXICA POR ENTIDADES ASOCIATIVAS VINCULADAS Ó SECTOR AGRARIO. ANO 2012.
ORDE do 27 de decembro de 2011 pola que se modifica a Orde do 8 de abril de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para o desenvolvemento de accións formativas e de transferencia tecnolóxica por entidades asociativas vinculadas ao sector agrario, cofinanciada co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco PDR de Galicia 2007-2013, convocadas en concorrencia competitiva e se convocan as axudas para o ano 2012. (Código de procedemento MR330B).
Fonte:   Diario Oficial de Galicia. Data:  4-01-2012
AGRICULTURA: AXUDAS PARA UTILIZACIÓN DE SERVIZOS DE ASESORAMENTO POR PERSOAS TITULARES DE EXPLOTACIÓNS AGRARIAS. ANO 2012.
ORDE do 27 de decembro de 2011 pola que se modifica a Orde do 21 de decembro de 2009, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas á utilización de servizos de asesoramento por persoas titulares de explotacións agrarias cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013, e se convocan para o ano 2012. (Código de procedemento MR624A).
Fonte:   Boletín Oficial del Estado Data:  31-05-2011
AGRICULTURA: SEGUROS AGRARIOS - EXPLOTACIÓNS HORTÍCOLAS Ó AIRE LIBRE.
Ministerio de Medio Ambiente, e Medio Rural e Mariño Orde ARM/1431/2011, do 25 de maio, pola que se definen os bens e os rendimentos asegurables, as condicións técnicas mínimas de cultivo, o ámbito de aplicación, os períodos de garantía, as datas de subscrición e os prezos unitarios do seguro con coberturas crecentes para explotacións hortícolas ó aire libre, de ciclo outono-inverno, na península e Baleares, comprendido no Plan 2011 de Seguros Agrarios Combinados.
Fonte:   Diario Oficial de Galicia. Data:  5-01-2012
AGRO-ALIMENTARIO + FORESTAL: AXUDAS PARA FINANCIAMENTO DE ACCIÓNS DE COOPERACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO DE NOVOS PRODUTOS, PROCESOS E TECNOLOXÍAS. ANO 2012.
ORDE do 27 de decembro de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para o financiamento de accións de cooperación para o desenvolvemento de novos produtos, procesos e tecnoloxías no ámbito agroalimentario, agrícola e forestal, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013, e se convocan para o ano 2012. (Código de procedemento MR331A).
Fonte:   Diario Oficial de Galicia. Data:  5-01-2012
AGRO-ALIMENTARIO: AXUDAS ÓS PRODUTORES QUE PARTICIPEN NO PROGRAMA DE PRODUCIÓN E MELLORA DOS PRODUTOS AGROALIMENTARIOS GALEGOS CON CALIDADE DIFERENCIADA. ANO 2012.
ORDE do 30 de decembro de 2011 pola que se modifican as bases reguladoras das axudas aos produtores que participen nos programas de produción e mellora dos produtos agroalimentarios galegos con calidade diferenciada, no marco do Programa de desenvolvemento rural para Galicia 2007-2013, e se convocan para o ano 2012. (Código de procedemento MR362A).
Fonte:   Diario Oficial de Galicia. Data:  28-12-2011
AGRO-GANDARÍA: AXUDAS PARA O FOMENTO DA CONTRATACIÓN DOS SEGUROS AGRARIOS. ANO 2012.
ORDE do 21 de decembro de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da contratación dos seguros agrarios na Comunidade Autónoma de Galicia e se convocan para o ano 2012. (Código de procedemento MR443A).
Seguinte