Inicio   Enlaces   Contactar   Mapa web  
Usuario:  Clave: 
  Axudas e Subvencións
  Novas
  Tablón de anuncios
  Libro de visitas
  O. de Tramitación Única
  Videoconferencia
  Internet
 
  Axudas e Subvencións  
     
 
Titulo:   AGRICULTURA - GANDARÍA: INDEMNIZACIÓNS POR SACRIFICIO OBRIGATORIO DE GANDO NOS PROGRAMAS DE CONTROL DE ENFERMIDADES
Prazo:  
Comentario prazo:
Ámbito:   Galicia.
Beneficiarios:
1. Os titulares dos animais que se sacrifiquen por reaccionaren ás probas diagnósticas de tuberculose bovina, brucelose e lingua azul no gando vacún, ovino e cabrún ou por ter convivido con animais enfermos e que sexan considerados sospeitosos polos veterinarios actuantes, ademais daqueles supostos recollidos na Lei de sanidade animal e na normativa estatal básica de desenvolvemento dos programas sanitarios de cada enfermidade. 2. Os titulares dos animais e os seus produtos de calquera especie sacrificados e/ou destruídos por motivos de sospeita e/ou confirmación da presenza dalgunha das encefalopatías esponxiformes transmisibles. 3. Os titulares dos animais e produtos da especie Gallus gallus sacrificados/destruídos por orde da autoridade competente dentro do programa nacional de control de salmonela. 4. Os titulares das aves e produtos sacrificadas/destruídos pola aparición dun foco de influeza aviaria. REQUISITOS: Para poder ter dereito ás indemnizacións establecidas nesta orde é imprescindible o cumprimento estrito da normativa en vigor sobre sanidade animal, programas de erradicación de enfermidades animais e vixilancia epidemiolóxica das encefalopatías esponxiformes transmisibles.
Data public.:   2-12-2008
Fonte:   Diario Oficial de Galicia.
Resumo:
Orde do 27 de novembro de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das indemnizacións por sacrificio obrigatorio de gando nos programas de control e erradicación de enfermidades animais para o ano 2009.
Contia:
• As contías das indemnizacións serán as que correspondan en cada momento segundo os baremos ou prezos oficiais oficialmente aprobados polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación. • No caso dos produtos destruídos por motivo das encefalopatías esponxiformes transmisibles cando a aplicación dos prezos citados non alcande o valor medio normal nos mercados de referencia, farase unha taxación a prezo de mercado.
 
  Imprimir Voltar