|
Titulo:
AGRICULTURA - GANDARÍA: AXUDAS PARA O FOMENTO DA CONTRATACIÓN DE SEGUROS AGRARIOS. ANO 2010. |
|
Prazo:
|
Comentario prazo: | |
|
|
Ámbito:
Galicia. |
|
Beneficiarios: |
|
Os asegurados titulares de explotacións agrarias situadas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia sempre e cando suscriban pólizas de seguros de liñas agrícolas do Plan 2009 e liñas gandeiras dos plans 2008 e 2009, e cumpran o establecido no Decreto 332/1995 e nesta orde. Tamén poderán ser beneficiarios destas axudas os que subscriban, durante o ano 2009, seguros de liñas de cultivos agrícolas que lles dean cobertura ás colleitas que se leven a cabo no ano 2010.
Requisitos:
A suscrición do seguro realizarase, únicamente, a través das entidades aseguradoras autorizadas polo Ministerio de Economía e Facenda e incluídas na "Agrupación Española de Entidades Aseguradoras dos seguros agrarios combinados S.A. (AGROSEGURO)" ou a través dos axentes de seguros autorizados. A contratación con estas entidades poderase realizar de forma individual ou ben de forma colectiva por medio de tomadores rexistrados pola Entidade Estatal de Seguros Agrarios (ENESA). |
|
Data public.:
30-12-2009 |
|
Fonte:
Diario Oficial de Galicia. |
|
Resumo: |
|
Orde do 22 de decembro de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da contratación dos seguros agrarios na Comunidade Autónoma de Galicia e se convocan para o ano 2010. (Código de Procedemento MR443A). |
|
Contia: |
As subvencións terán os seguintes límites:
• Subvención conxunta de Enesa e da Consellaría do Medio Rural: non poderá sobrepasar un límite xenérico do 80% do custo do seguro.
• Existirán uns límites específicos sobre o custo do seguro das seguintes contías:
- Seguros de explotación de gando do grupo IV: 65%.
- Seguro de explotación de uva de viño: 67%.
- Seguro combinado e de danos excepcionais de uva de viño: 65%.
- Seguro de kiwi e cereixa e froiteiras: 74%. |