Inicio   Enlaces   Contactar   Mapa web  
Usuario:  Clave: 
  Axudas e Subvencións
  Novas
  Tablón de anuncios
  Libro de visitas
  O. de Tramitación Única
  Videoconferencia
  Internet
 
  Axudas e Subvencións  
     
 
Titulo:   AGRICULTURA - GANDARÍA: REGULACIÓN DOS PAGAMENTOS DIRECTOS E AXUDAS Ó DESENVOLVEMENTO RURAL PARA A UTILIZACIÓN SUSTENTABLE DAS TERRAS AGRÍCOLAS. PAC 2010.
Prazo:  
Comentario prazo:
Ámbito:   Galicia.
Beneficiarios:
TIPOLOXÍA DE AXUDAS: SOLICITUDE UNIFICADA 2010: para facilitar ós agricultores a tramitación das axudas no ano 2010, inclúense nunha soa Solicitude Unificada varias axudas directas da PAC baseadas na superficie agrícola da explotación e nos censos de gando, a indemnización compensatoria e outras axudas previstas no Contrato de Explotación Sustentable unificando tamén o período de solicitude. As axudas que se inclúen na Solicitude Unificada de axudas PAC 2010 son: 1. Solicitude de axuda do réxime do pagamento único. 2. Solicitude de prima ás proteaxinosas. 3. Solicitudes de prima por vacas nutrices. Art. 111 R(CE) 73/2009. 4. Solicitudes de prima por sacrificio de bovino sacrificado en España. Art 116 R(CE) 73/2009. 5. Solicitudes de pagamento adicional por vacas nutrices. 6. Solicitude de pagamento adicional á produción de carne de vacún de calidade. Art 69 R(CE) 1782/2003. 7. Solicitudes de pagamento adicional lácteo. Art 69 R(CE) 1782/2003. 8. Solicitudes de axudas Programa Nacional para a calidade das legumes. Art. 68 R(CE) 73/2009. 9. Solicitudes de axudas ós produtores de ovino-cabrún de calidade. Art. 68 R (CE) 73/2009. 10. Solicitudes de axudas ós produtores de ovino-cabrún de carne. Art. 68 R (CE) 73/2009. 11. Solicitudes de axudas a agricultores do sector lácteo en zonas vulnerables. Art 68 R(CE) 73/2009. 12. Solicitudes de axudas á produción de produtos lácteos de calidade. Art 68 R(CE) 73/2009. 13. Solicitude da reserva nacional de dereitos do réxime de pagamento único. 14. Solicitude de pagamento de axudas agroambientais do período 2000-06. 15. Axudas agroambientais. 16. Solicitude de axudas ó benestar animal. 17. Indemnización compensatoria. OBSERVACION: en relación coas axudas incluídas no Contrato de Explotación Sustentable, os agricultores deberán utilizar os servizos dunha entidade de aconsellamento ou de xestión, recoñecida oficialmente pola Consellaría do Medio Rural. PAGOS DIRECTOS Á AGRICULTURA E Á GANDARÍA: nesta convocatoria regúlase a xestión no ano 2010 dos seguintes pagamentos: 1. Pagos directos á agricultura e á gandaría: • Réxime de pagamento único. • Pagamentos ligados á produción e réximes específicos por superficies: - Pagamentos ós produtores de cultivos herbáceos. - Axuda ós cultivos enerxéticos. • Pagamentos ligados á produción e réximes de axudas por gando: - Pagamentos ligados ós produtores de ovino cabrún. - Pagamentos ligados ós produtores de gando vacún: • Primas por vaca nutriz. • Primas por sacrificio. • Pagamentos por aplicación do Artigo 68 do Regulamento 73/2009: - Axudas Programa Nacional de calidade das legumes. - Axudas específicas a produtores de ovino-cabrún de calidade. - Axudas destinadas a produtores de ovino-cabrún de carne. - Axudas a gandeiros do séctor lácteo en zonas vulnerables. - Axudas á produción de produtos lácteos de calidade. • Pagamentos por aplicación do Artigo 69 do Regulamento 1782/2003, no sector do gando vacún: - Pagamento adicional a explotacións que manteñan vacas nutrices. - Pagamento adicional á produción de carne de vacún de calidade. - Pagamento adicional no sector lácteo. 2. Axudas ao desenvolvemento rural para a utilización sustentable de terras agrarias. Axudas incluídas no contrato de explotación sustentable: • Axudas agroambientais. • Axudas relativas ao benestar animal: - Avicultura de corral. - Porcino ó aire libre. Tamén establece esta norma o procedemento de solicitude de dereitos do Réxime de pagamento único da reserva nacional e o sistema de cesión dos mesmos. Así mesmo se regulan aspectos relacionados co Sistema de Información Xeográfica de Parcelas Agrícolas (SIXPAC) e coa Condicionalidade. Para a tramitación das solicitudes: A) Varias tramitacións agrúpanse nunha solicitude unificada. B) Outras teñen unha tramitación específica. Solicitudes con tramitación específica: as solicitudes que se presentan directamente nas Oficinas Agrarias Comarcais e non están incluídas na solicitude unificada son: i. Prima por sacrificio de gando bovino sacrificado fóra de España. ii. Comunicacións de cesión de dereitos de pagamento único. iii. Solicitudes de modificación do SIXPAC. iv. Modificacións da declaración de superficies e da superficie forraxeira. v. Alegacións contra a asignación de importes e dereitos provisionais incorporados ao réxime de pagamento único na campaña 2010.
Data public.:   26-02-2010
Fonte:   Diario Oficial de Galicia.
Resumo:
Orde do 22 de febreiro de 2010 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural para a utilización sustentable das terras agrícolas no ano 2010.
Contia:
 
  Imprimir Voltar