Inicio   Enlaces   Contactar   Mapa web  
Usuario:  Clave: 
  Axudas e Subvencións
  Novas
  Tablón de anuncios
  Libro de visitas
  O. de Tramitación Única
  Videoconferencia
  Internet
 
  Axudas e Subvencións  
     
 
Titulo:   AGRICULTURA - GANDARÍA: AXUDAS PARA A MORATORIA DOS PRÉSTAMOS VENCELLADOS COA MELLORA DE EXPLOTACIÓNS E INCORPORACIÓNS DE PERSOAS NOVAS Á ACTIVIDADE AGRARIA. ANO 2010.
Prazo:   15-09-2010
Comentario prazo:
Ámbito:   Galicia.
Beneficiarios:
As persoas titulares de explotacións agrarias que subscribisen un préstamo concedido no seu día ao abeiro do convenio asinado entre a Consellería do Medio Rural con entidades financeiras para o financiamento de investimentos relativos ás axudas de mellora de explotacións e incorporación das persoas novas á actividade agraria, e que se encontren en período de amortización.
Data public.:   24-06-2010
Fonte:   Diario Oficial de Galicia.
Resumo:
Orde do 22 de xuño de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a moratoria dos préstamos vinculados coa mellora de explotacións e incorporación das persoas novas á actividade agraria, e se convocan para o ano 2010.
Contia:
CARACTERÍSTICAS: • Poderase establecer unha carencia especial de ata dous anos de duración que afectará o vencemento ou vencementos do principal posteriores á solicitude do prestameiro á entidade financeira. Durante ese período, o prestameiro non deberá aboar nin o principal nin os xuros correspondentes ao capital pendente de amortizar. • Unha vez finalizada a carencia do préstamo, retomaranse as obrigas do prestameiro nos termos establecidos nos convenios subscritos. • A Consellería do Medio Rural financiará os xuros que correspondan, remunerando as entidades financeiras por cada carencia concedida en función do capital pendente e do tipo de xuro establecido nos convenios.
 
  Imprimir Voltar