A Asociación de Empresarios de DEZA coñecedora
das necesidades reais de man de obra que as empresas asociadas teñen,
emprende accións para palia-la carencia de traballadores
e fomenta-la contratación de demandantes de emprego.
Como resultado, a AED conta cunha Bolsa
de Emprego, na que se xestionan e divulgan as ofertas de
empresas asociadas, de modo gratuíto, e a través da
cal os demandantes de emprego, tamén de xeito gratuíto,
se poden inscribir e anotar para ditos postos ofertados, que están
en vigor e se van actualizando de forma periódica.
|