Inicio   Enlaces   Contactar   Mapa web  
Usuario:  Clave: 
  AED
  Asesoramento
  Formación
  Convenios
  Prensa
     
 
Formación
Dende o momento da súa constitución, no ano 1.993, a Asociación de Empresarios de Deza sempre foi consciente da necesidade de levar a cabo unha formación de calidade como ferramenta imprescindible para adecuar o nivel formativo e a cualificación dos traballadores da empresa, para mellorar a productividade así como a integración e motivación dos traballadores na empresa.
Este labor formativo da AED vai en aumento ano tras ano, e pasa por diferentes tipos de cursos orientados, principalmente, a dous tipos de alumnos: Traballadores en activo e Desempregados.
Os cursos dirixidos a desempregados buscan elevar a súa cualificación para acadar un posto de traballo. Para iso, a AED subscribiu convenios coa Administración para impartir, na súa sede, cursos de Formación Ocupacional.
Tamén se realizan cursos e seminarios para traballadores en activo, polo que se presentan anualmente Plans de Formación ante diferentes organismos, Escolas de Negocios, etc..para programar este tipo de accións. Estes cursos versan sobre múltiples materias, así como accións formativas programadas especificamente para os diversos sectores productivos da Comarca (construción, metal, madeira, comercio, etc...)
     
  Máis información cursos