| A Oficina
de Tramitación Única de Industria é
un servizo pioneiro en Galicia, que permite que un particular interesado
na creación dunha industria teña como interlocutor único
ante a Xunta de Galicia a unha única unidade que evite ter
que andar de portela en portela. As súas funcións son
as seguintes:
- Información e
asesoramento integral para a realización dunha instalación
industrial en canto ós trámites e requisitos de documentación.
- Recepción e rexistro das solicitudes e
documentos que sexan presentados para as autorizacións que
necesite a industria.
- Tramitación das solicitudes, competencia
da Consellaría de Industria e Comercio.
- Seguimento dos expedientes tramitados dende a
propia oTu e dende outras unidades administrativas. |