A
Asociación de Empresarios de Deza, como
centro asociado do Servizo Galego de Colocación (SGC),
en colaboración coa Consellaría de Traballo, debe
salienta-la labor que realiza mediante a captación e difusión
de demandas e ofertas de emprego. Trátase dun servizo gratuíto,
público e obxectivo, co cal todos teñen acceso a el.
Funciona como un intermediario entre a oferta e a demanda de emprego;
a interrelación de ofertas e demandas realízase con
eficacia, rapidez e transparencia. Mais, tamén ofrece información
do mundo laboral, orientación e formación. |