Trátase dun
servizo práctico, innovador e económico, pensado para
establecer contactos máis directos e cómodos entre persoas
e/ ou empresas, aínda que medie unha gran distancia. É
un sistema de telecomunicación que favorece unha proximidade,
que por outros medios non se acadaría.
Este sistema de telecomunicación por Videoconferencia permite
a posibilidade de vérense as partes, namentres falan, co cal
conséguese un contacto visual, información explícita
e os mínimos detalles non pasarán desapercibidos.
A Asociación de Empresarios de Deza pensando
na mellora e comodidade de tódolos seus socios insiste na importancia
deste servizo, co cal se minimizan posibles contratempos á
hora de asistir/ concertar reunións. |